Luns. 29.04.2024
El tiempo

Merexo busca de novo a súa mellor empanada de Rodaballo e lembra ao seu poeta

Concurso Empanada de rodaballo Merexo 2024-Poeta de Merexo
Merexo busca de novo a súa mellor empanada de Rodaballo e lembra ao seu poeta

A Asociación de Veciños Monte da Urxeira de Merexo segue dinamizando a pequena aldea muxiá, de apenas un centenar de habitantes, con actividades. Despois do éxito do ano pasado, non podían deixar pasar a ocasión de manter vivo o Certame de Empanadas de Rodaballo, e xa preparan a segunda edición. En colaboración Prodemar-Stolt Sea Farm e o Concello, a entidade ten mobilizada a toda a rapazada do CEIP Os Muíños que xa preparon os seus debuxos para o cartel.

Finalmente, o escollido para o cartel foi o de Noa Sambad Bardullas, que fixo un traballo fantástico, pero a Escola Veciñal de Merexo acolle unha exposición con verdadeiras obras de arte feitas pola rapazada dende infantil a 5º de Primaria.

A gran cita será o 2 de marzo na Escola.

O certame trata de facer un trasvase xeracional e ver como as mans amasadoras das nosas maiores trasladan esa sabedoría e experiencia á cativada. O ano pasado o gañador foi un incrédulo galego - austríaco, pero este ano haberá que roelo, que se presentan moitas e experimentadas cociñeiras.

A cita ademais, este ano, vai dedicada ao Poeta de Merexo, Manuel Trillo Santiago, que xa nos brinda con esta copla:

"Manuel Trillo me llamo,
mi nombre nunca lo niego,
he nacido en Caldebarcos,
mi domicilio Merexo."

Camino para la fuente
por agua para beber,
porque este gran poeta,
con su poesía,
no se puede mantener”.

Bases

As empanadas deberán levar Rodaballo de Prodemar Merexo, así como recomendamos a utilización de cebola de Merexo ou calquer producto da horta merexana.

Os/as participantes deberán ser residentes nas parroquias de San Martiño de Ozón e a Ó, así como os as vecinos e veciñas de Os Muíños (aquí non entraría toda a parroquia de Moraime).

A inscripción rematará o 25 de febreiro. Só irán a concurso as 20 primeiras solicitudes, quedando as demáis anotadas nunha base de datos para o seguinte certame. A inscripción deberá ser polos medios habilitados a tal propósito: [email protected] ou 627410677 ou no Instagram @asc_v_montedaurxeira

Comentarios