Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Mimatruck, o camión musical que conecta artistas e público

Mimatruck concerto costa da morte
Mimatruck concerto costa da morte
Mimatruck, o camión musical que conecta artistas e público

No tempo da dictadura da verbena, e nos últimos tempos da “disco móbil”, este verán na Costa da Morte naceu un concepto diferente de como levar música a túa festa. O Mimatruck, o camión da música itinerante, con D.O. de Muxía, percorreu Galicia este verán.

Xa estiveron por Moaña, Fisterra, Muxía, Corcubión, Carnota, Rianxo… e preparan o asalto á Santiña de Trasufre deste vindeiro sábado 23 de setembro.

Ao volante do camión estánAdrián Alcaina, Sergio Tarrela, David Fernández, Manu Nogueira, e Javier Toja, o técnico de son. “Na MIMÁtruck poden actuar tanto djs como bandas emerxentes de ata 4 ou 5 persoas. Con ela tratamos de que sexa un evento itinerante e poder estar presentes en festas, festivais ou eventos culturais. É un formato sinxelo, cunha estética de autor e onde queremos que haxa unha conexión entre público e artistas, por eso decidimos que o escenario sexa baixiño e esté casi a altura do chan”, explica Nogueira.

Intentan apostar polas bandas locais, e polo momento xa subiron á MIMÁtruck bandas como Leite con Jalletas, Los Wavy Gravies, Los Lunes al Sol, Rockolas, Calle Bailén e Lumieiras do Morrazo, ademais de numerosos djs da volta.

O grupo muxián esperan ir afiianzando a súa proposta para darlle un aite direrente ás festas e festivais do país. “A idea para un futuro é esa, ofrecer actuacións musicais onde o principal atractivo sexa a conexión entre público e artistas, dando cabida a picadiscos e distintas bandas locais”, sentenzan como carta de presentación.

Mimatruck en concerto

Comentarios