Muxía achega máquinas para facer exercicio aos maiores da vila

15:39 30/03/20
Estes días o Concello de Muxía está facendo entrega de 30 unidades de máquinas para facer exercicio entre os maiores da vila. Unha iniciativa para que manteñan a súa actividade física activa.
O teléfono para solicitar as máquinas é o 981 74 23 01. Operarios municipais analizarán as circunstancias de cada solicitante e deixaranos nas vivendas dos usuarios e usuarias que cumpran as características solicitadas e ata o fin do confinamento.
Desinfección
Á súa vez, a empresa de limpeza SYSDEGAL, continúa coas accións de desinfección no interior dos centros públicos mentres os operarios municipais fano polas rúas.