Muxía acolle sendas charlas sobre o sector lácteo e as Preferentes
07:45 25/02/13
Interesantes, moi interesantes as charlas que chegan ao Concello de Muxía. Dous problemas tan nosos como as Preferentes, como o sector lácteo.
Cita sobre o sector lácteo
Este martes 26 de febreiro, a Escola Unitaria de Quintáns acollerá a partir das 15:00h unha cita para coñecer a Experiencia da granxa Leite O Alle de Lalín. A xornada chámase "Na procura de alternativas para o sector lácteo", e conta tamén cunha Visita guiada á unha granxa de leite en ecolóxico en Melide, para o xoves 28, para o que hai que solicitar información no 981 588 532 – 699 924 632.
Charla sobre as Preferentes
A charla informativa sobre Participacións preferentes prevista para o xoves, 28 de febreiro, vaise realizar finalmente o domingo 3 de marzo ás 18.00h no Salón de Voluntariado. Edificio Servicios Múltiples .
Novas relacionadas
- Os alcaldes da Costa da Morte únense cos afectados polas Preferentes.
- Muxía aprende a educar a través das Novas Tecnoloxías.
- Viki Rivadulla mira para o seu mar.
- Luisa Fernández Diz foi a gañadora da cesta da Ruta dos Pinchos de Muxía.