Muxía afronta a segunda oportunidade para aprobar un POS que continúa sen consenso
Muxía foi o único Concello da Costa da Morte que quedou sen aprobar o POS no primeiro prazo. Pero como vimos o ano pasado co caso de Ponteceso, que a pesar de varias prórrogas foi o único concello da provincia que quedou as axudas, Muxía ten nova oportunidade. Será no pleno deste mércores ás 20:00h, e haberá que facer números, de novo, ante a falta de consenso.
O alcalde Iago Toba dera marcha atrás e ofrecera aos grupos da oposición presentar unha proposta en menos de 24 horas, sen ter en conta que os proxectos que hai que presentar teñen que ter orzamentos… Non vale con propoñer 4 ideas, pero os grupos da oposición tiveron que artellalas para presentar a súa proposta.
En calquera caso, a proposta que se votará non difire moito da presentada no pasado pleno. De aí que os 4 no adscritos, como asegura Mónica Vilela, “non imos cambiar a nosa postura xa que o goberno leva o mesmo POS”. “Só engade as obras que puxemos no POS que tivemos que facer en 13 horas no POS Complementario, pero eso non era o prometido”, explica.
Si votará a favor Carlos Concheiro, o edil do BNG, trala admisión da obra da Depuradora de Quintáns no POS, como el formulara.
Mentres, o PP asegura que se absterá na votación despois de que o rexedor aceptase incluír no POS adicional as obras expostas pola súa formación (a Pista Armear - Labexo; o Vial Agreiras - Castelos; o Vial en Caberta; o Vial de Moraime – Oruxo e a Deputadora de Quintáns). Faino “para salvar o POS e que a falta de xestión do alcalde non prexudique aos veciños”, pero lamenta a “chantaxe” que sofre a oposición. “Pediunos que presentamos unha alternativa, fixémola a pesar de ter só 13 horas e despois resulta que non é capaz de xestionala”, explicou Vilela. Unha Vilela que lle pide ao alcalde que “abandone o enfrontamento constante” coa oposición e sente a falar sobre aqueles asuntos que son “fundamentais” para Muxía.
Con esta situación, o POS saíría aprobado polo voto de calidade do alcalde, unha vez que habería empate con 4 votos a favor (3 do PSOE e o do BNG), 4 votos en contra (non adscritos) e a abstención do PP.
Comunicación na Confraría
Uns días antes, a portavoz popular, Sandra Vilela, urxía ao Concello a que realizase as obras necesarias para instalar o Ticpesc que demanda a Confraría de Pescadores. Trátase dunha ferramenta electrónica que necesita sector non se pon en funcionamento por culpa de que o Goberno Local non arranxa a canalización pola que debe pasar a fibra.
“Non estamos a pedir unha actuación que supoña nin un investimento alto, nin unhas obras importantes. Falamos de algo sinxelo e que se pode facer co persoal municipal, pero que é moi importante para a Cofradía”, dixo Vilela.