Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muxía aprobou uns Orzamentos Municipais nos que destaca a subida da partida social

O PP tilda os orzamentos municipais de “pouco ambiciosos” e critica que non se adapten ás necesidades locais
Pleno en Muxia
Muxía aprobou uns Orzamentos Municipais nos que destaca a subida da partida social

Esta mañá de xoves 18 de xuño o pleno de Muxía aprobaba os orzamentos do exercicio 2020, sobre unha cantidade de 3.812.381,53 euros. “As melloras infraestruturais e de mantemento en todo o termo municipal e a impulsión dos asuntos sociais son as liñas principais”, para o grupo de goberno.

Pon cifras o Concello, que pasará de adicar 26.000 euros a 220.000 euros para as partidas sociais. Ademais hai nova partida para a mellora na xestión do punto limpo e tamén en servizos sociais. O orzamento contará cos suplementos aprobados recentemente, cos que a administración muxiá disporá dun total de 4,7 millóns de euros, quedando o Concello nun endebedamento de 0.

En materia laboral, o pleno aprobou a mellora nas condicións laborais das traballadoras e traballadores municipais, previamente acordada cos sindicatos. Ademais, creouse o nomeamento de funcionarios interinos para atender ás demandas na Biblioteca Municipal e no eido de Servizos Sociais. Nestes orzamentos, a optimización no departamento de Servizos Múltiples e no Servizos de Axuda no Fogar serán evidentes. Pasarán, as persoas que integran estes corpos de traballo, dunha xornada parcial a unha completa.

Fará tamén unha contratación de máis albaneles, operarios en servizos múltiples e técnicos de xardinaría.

Pleno en Muxia 2

Críticas do PP

Os populares votaron en contra dunhas contas que non inclúen medidas específicas para facer fronte á crise do Covid-19. Sandra Vilela considerou “pouco ambiciosos”, e lamenta que as súas propostas de axuda a Pemes e autónomos foran rexeitadas polo goberno.

Os populares botan en falta actuacións para mellorar o suministro de auga, as pistas de monte, a concentración parcelaria, e un plan para dinamizar o sector turístico.

Comentarios