Domingo. 31.05.2020
El tiempo

Muxía celebra o mes das letras con distintas actividades

Muxía celebra o mes das letras con distintas actividades
Con motivo das Letras Galegas, o concello de Muxía prepara un mes cargado de actividades culturales. As citas comezan o próximo martes, día 2, coa visita do CEIP Os Muíños á biblioteca municipal e coa realización da ruta rosaliana pola vila. Xa o día 12, María Canosa falará de "Perder o medo a través da poesía" nunha actividade que comeza ás 17:30 horas e que está dirixida a nenos e nenas de todas as idades. O 17 de maio haberá unha ofrenda floral no monumento a López Abente. As actividades volven o 26 de maio, ás 17:30 horas, cun obradoiro creativo ao redor da obra de Carlos Casares. A actividade terá lugar na biblioteca municipal de Muxía e está dirixida a nenos e nas de 6 a 14 anos. Os interesados en participar deben anotarse xa que o número de plazas é limitado. E para rematar, o 27 de maio haberá unha proxección do documentario "Entrar aos Vilares" de Cibrán Tenreiro. O acto terá lugar ás 20 horas no salón de actos do Voluntariado. Fonte 

comentarios