luns. 11.11.2024
El tiempo

Muxía cociña igualdalde

Sesions de Igualdade no IES de Muxía 2
Sesións de Igualdade no IES de Muxía
Muxía cociña igualdalde

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Muxía están a desenvolver un programa de sensibilización e concienciación en materia de igualdade. ‘Cociñando relacións’, financiado, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, é un proxecto que pretende incidir en toda a cidadanía e que comeza con varias sesións nos centros de ensino.

Son tres liñas as principais: ‘Entre fogóns falamos de relacións’, destinado aos homes; ‘Receitas de sororidade’, destinado ás mulleres e ‘Petiscos de Botrato’, destinado á mocidade. A través destas accións preténdense crear espazos de prácticas que “sirvan de reflexión persoal sobre o proceso de socialización e educación humana en xeral, fomentar unha autocrítica de como son os homes e as mulleres nesta sociedade e que sirva ao mesmo tempo para expresar sentimentos”.

A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, explica a “relevancia deste proxecto en materia de concienciación desde a base. Para previr posibles situacións de violencia de xénero é necesario educar en igualdade, e levar este tipo de actividades a distintos espazos antóllase indispensable si queremos acadar unha sociedade igualitaria”, afirma a edila.

Comentarios