Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muxía homenaxeou aos voluntarios de Protección Civil e á Policía Local no acendido do alumeado de Nadal

Presentado o programa cultural dixital para o Nadal
Alumeado Nadal Muxía 1
O alumeado de Nadal serviu de homenaxe a Protección Civil e Policía Local
Muxía homenaxeou aos voluntarios de Protección Civil e á Policía Local no acendido do alumeado de Nadal
Este pasado luns prendeu a luz do Nadal en Muxía co acendido do alumeado, nun acto que serviu de homenaxe aos voluntarios de Protección Civil e membros da Policía Local de Muxía, “os verdadeiros heroes” durante o estado de alarma.

O mesmo Alejandro Muíño, en representación da Policía Local, recoñecía o orgullo que supón este recoñecemento, e apuntou que “ogallá este acendido sirva para que en cada casa de Muxía entre algo de luz, e isto vai adicado a todas e todos aqueles que o están pasando mal, e ás persoas que non poden, por desgracia, estar con nós”.

Porgrama de Nadal

O sábado 12 de decembro terá lugar a exposición telemática “A miña árbore de Nadal”, na cal poderá participar calquera persoa que así o desexe enviando a foto correspondente ao número de Whatsapp 696 57 00 70. O sábado 19 de decembro, retransmitirase, a través do Facebook municipal, a obra teatral infantil “Roedores”. Será ás 18:00 horas.

O domingo 20 de decembro desenvolverase o lanzamento do vídeo inaugural da sala multiusos “A Camposa”. Será ás 20:00 horas. O mércores 23 de decembro, Papá Noel chamará á casa das muxianas e muxiáns. Pódese participar entrando na web www.nadal2020.es do 18 ao 25 de decembro. O 27 de decembro, celebrarase un concurso virtual “Entrada de ano 2021”, mediante o cal todas as persoas que o desexen poderán enviar unha foto con motivos destas festas a través do número de Whatsapp 696 57 00 70.

Para comezar o 2021, o carteiro real visitará a sala “A Camposa”, de 17:30 a 19:00 horas, e cun aforo máximo de 4 nenas/os. Haberá un agasallo para todas e todos eles. Para pechar esta programación, o 5 de decembro celebrarase a Cabalgata de Reis, na que haberá un percorrido polas parroquias do municipio e unha recepción, tamén na sala “A Camposa”. Será necesario inscribirse previamente para os actos que se celebren no interior, tanto no teléfono 981 74 20 01 ou no 696 57 00 70.

Nadal Muxia Proigrama 2020

Comentarios