Sábado. 25.06.2022
El tiempo

Muxía non deixa un día libre no seu completo programa de verán

Muxía non deixa un día libre no seu completo programa de verán

Presentou o Concello de Muxía o seu Programa de actividades de cara ao verán.

Un programa moi completo, que inclúe artesanía, deporte, teatro, música, festas, roteiros... e que apenas deixará un día libre en todo o verán. De feito, o programa remata cunha completa Semana Cultural da Barca, xa en setembro, con teatro, regueifas e pandeiretas.

Destacamos un par de citas, pero non deixen de descargar o Programa de Actividades de Verán en Muxía [pdf] para mantervos atentos das novidades.

Teatro infantil

A primeira proposta xa chega este sábado, 23 de xuño, ás 20:00h cando a Escola Municipal de Teatro Infantil de Muxía, estreará o seu espectáculo Romeo e Xulieta, nunha versión adaptada e dirixida por Artur Trillo. A actuación será no Salón de Actos do Voluntariado, con entrada libre.

Ruta Monumental por Moraime

Outra cita salientable é a Ruta guiada por Xan Fernández Carrera e Manuel Vilar, polos elementos que compoñen o maior conxunto monumental da Costa da Morte, Moraime, Declaracio Ben de Interese Cultural no 1972.

A cita será o sábado 7 de xullo, con saída ás 10:00h e inscricións no Concello.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios