Muxía organiza un curso de defensa persoal e autopacapidades para mulleres
07:06 01/11/17
Os vindeiros 16 e 24 de novembro desenvolverase en Muxía un curso de "Defensa persoal e autocapacidades" dixirido ás mulleres do municipio. Esta actividade está organizada polo CIM de Muxía - Centro de Información á Muller - e enmarcase dentro do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias para loitar contra a violencia de xénero.
O obxectivo deste curso - impartido por monitores e monitoras especilistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita - é o adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións.
O curso impartirase no edificio de servizos múltiples municiapal en horario de 9:30 a 13:30 horas. As mulleres interesadas deberán inscribirse no Centro de Información ás mulleres, situado na rúa Real 35-3o de Muxía. As prazas son limitadas.
Novas relacionadas
- Cee convida ao comercio local a sumarse á campaña “En Negro contra a Violencia”
- O concello de Vimianzo anuncia medidas legais polo sorteo dunha “subida cunha chica” nun bar-club da vila
- Un #25N en violeta e En Negro
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Muxía