Muxía ponse en agosto e xa pensa nas Festas de San Roque de Moraime

09:15 30/03/12

Se ben a Semana Santa estará cargadiña, a vila da Barca xa ten as miras postas en agosto, e case que na Barca de setembro. Pero antes toca as Festas de San Roque de Moraime, unhas das primeiras que perfila o cartel.
A cita será o sábado 18 de agosto, e será un día completo no monte muxián. O grupo Peta Forte e a charanga Támega amenzarán as rúas, e será El Combo Dominicano quen poña a música na sesión vermú, e na verbena acompañando a Costa Oeste.
Pero a tarde será completa, con inchables e música por todas partes.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).