![muxia-programacion-nadal-2016]()
A
programación de Nadal de Muxía arranca este sábado, día 17, co
espectáculo Hocus Pocus do mago Paco. O acto, que está dirixido a todos os públicos, comeza ás 18 horas no salón de actos do Voluntariado.
Xa os días 21 e 22 de decembro, terán lugar os
obradoiros de kamishibai - teatro de papel - para os maiores de 8 anos. Para participar nesta actividade (que comeza ás 17 horas) é necesario anotarse previamente na biblioteca o no número de teléfono 981 74 24 63.
Tamén o día 22 ás 20:30 horas, inagurarase a
mostra colectiva de pintura Miradas V no centro social da vila situado na planta baixa do edificio de Servizos Múltiples.
![nadal-muxia]()
O salón do Voluntariado acolle o día 23 a visita de Papá Noel que chegará ás 12 horas. Xa pola tarde, ás 17:30 horas, Fanfarra Títeres interpretará o seu espectáculo "O soñador de historias".
A programación regresa o 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis que fará un percorrido polas distintas parroquias do municipio e rematará no pavillón onde haberá inchables.
A programación remata o día 7 de xaneiro cun concerto de corais. A función, organizada pola coral Virxe da Barca comeza ás 19 horas no salón de actos do Voluntariado.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Muxía