Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Muxía reconstrúe o Altar Maior do Santuario da Virxe da Barca

Comezando a renovacion do retablo da Virxe da Barca de Muxia
Muxía reconstrúe o Altar Maior do Santuario da Virxe da Barca

Aquel incendio do nadal de 2013 e a polémica rehabilitación aínda está na retina de todos os muxiáns. Pero para seguir apagando aquel lume o Concello de Muxía retoma o proxecto de reconstrución do Altar Maior do Santuario da Virxe da Barca, e no que se inclúe unha réplica exacta da imaxe da virxe, en coordinación coa igrexa a través do seu sacerdote, Manuel Liñeiro.

O rexedor mantívose durante semanas en contacto co párroco da Barca, Manuel Liñeiro, co xefe de Proteción Civil, Ramón Barrientos, e cunha empresa especializada en reconstrución de retablos e reparacións en espazos relixiosos, tanto para darlle forma ao proxecto como para coordinar o modo de obter financiamento para este fin.

”Volvemos para quedar”

O concello lanza unha campaña.

Comentarios