Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os veciños abuchean a rehabilitación do Santuario de la Virgen de la Barca

Os veciños abuchean a rehabilitación do Santuario de la Virgen de la Barca
Inauguracion do Santuario de la Virgen de la Barca

Pouco máis dun ano pasou dende aquel fatídico día de Nadal de 2013 no que un incendio arrasou co Santuario da Virxe da Barca. E onte tiña lugar en Muxía a entrega do remate das obras de rehabilitación, e numerosos fregueses e veciños, curiosos por ver como queda o seu templo.

E parece que non quedaron contentos, pois se escoitaron numerosos abucheos, berros de “Fóra, fóra” e aplausos ante as máis críticas intervención nas que idea queda clara: "A nosa señora da Barca non se merece isto". I é que precisamente a colocación das madeiras por toda a igrexa foi unha das críticas máis feroces. Moitos veciños as chamaron “Madeiros de Ikea” criticando a falta de interese por recuperar, con corrección, un dos templos sagrados da Costa da Morte.

Santuario da Virxe da Barca reformado-Daniel Haz Santuario de la Virgen de la Barca

Houbo quen tamén criticou o gravado en pedra que loce na parte exterior do edificio: “Santuario de la Virgen de la Barca”… E iso que estamos en pleno século da normalización, á que parece que a igrexa non se quere sumar. A propia Mesa pola Normalización vén de denunciar este feito a raíz da nosa publicación.

Unha reforma desenvolta cos cartos da Igrexa, e se ben a Xunta ofrecíase o ano pasado a apoiar a reforma, finalmente e ante a presión popular, o edificio, propiedade eclesiástica, foi reformado cos seus fondos. O custe da obra finalmente foron 736.000 euros, e as humidades que tardarán tres ou catro anos en desaparecer...

Novas relacionadas

Artigos sobre o incendio do Santuario da Virxe da Barca

Fonte

Comentarios