Muxía revive á Fundación López Abente
26 de marzo de 2025 (11:10 h.)
Despois de máis de 5 anos de silencio, e a piques de extinguirse, Muxía volve rescatar a Fundación López Abente. Aproveitando o aniversario do autor muxián, o goberno local reuniuse cos membros da Fundación co obxectivo de reactivar a entidade.
Agora, a Fundación xa traballa nun plan de actividades para este ano, do que seguro pronto nos darán conta.