Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente
09:13 24/03/17
Capa de Luís Seoane para Decrúa
Lopez Abente
Gonzalo Francisco López Abente naceu en Muxía o 24 de marzo de 1878 segundo conta nunha das cartas dirixida ao seu curmán Horacio Bermúdez Abente, que reproduce un fragmento no seu prólogo á edición póstuma do libro Decrúa. Poemas (Buenos Aires: Ediciones Muxía, 1966), que leva o seguinte colofón: «Se terminó de imprimir el 11 de julio de 1966, en la Imprenta López, Perú 666, Buenos Aires, República Argentina».
As imaxes que acompañan este artigo testemuñan a xenerosidade da nosa emigración, pois proceden dun exemplar da miña propiedade co que me agasallou en maio de 1992 G. Quintela Novoa, Secretario Xeral do Instituto Arxentino de Cultura Gallega, dependente do Centro Gallego de Buenos Aires, cando eu andaba a preparar a Antoloxía Poética de Gonzalo López Abente, por iniciativa do amigo antropólogo muxián Manuel Vilar Álvarez e que se publicou en 1995 nun convenio entre a editorial Espiral Maior, que dirixe aínda hoxe o poeta Miguel Anxo Fernán-Vello, e a alcaldía do concello de Muxía, na altura presidida polo nacionalista Bautista Pose Paz.
O texto de Horacio Bermúdez Abente ao completo (nunha das imaxes) está escrito como se fose unha carta, aínda que Gonzalo López Abente finara case tres anos antes, en Muxía, o 23 de xullo de 1963. Velaquí:
ADRO
NOTICIA
Curmán Gonzalo: Tíroche hoxe estas liñas ao alen onde ficas xunto aos teus maores Pondal, Rosalía e Victorino Abente como estes o estiveran baixo un mesmo teito pasando as festas da Barca do 1853 naquel Muxía que inspirara, á segunda dos nomeados, a novela "La hija del mar" e o poema tiduado "Nosa Señora da Barca", e a tí, 25 anos mais tarde, alí virache nascer, segundo o contas nunha das cartas que de tí avaro gardo onde dis: "... un dia coma hoxe 24 de marzal do ano 1878 âs catro da serán, que cadrou en domingo, con feira en San Isidro, abrín os ollos a vida e pola fiestra da casa do Cabo da Grixa en que moraban meus pais, ollei craramente un outo cruceiro e que no seu cume agoniaba un martir con brazos en crús. Aquel dia escoitei a rapsodia mais sobrime e fíxeme segrel. Pillei un laúde e con ele ao lombo boteime a cantare polo mundo adiante..."
Tíroche, digo, estas liñas, pra sô decirete que como obedecendo a un desinio de Deus viñeno a parar as miñas mans as cuartelas orixinaes deste libro póstumo, folliñas voandeiras de ti, home de sona, saídas, para as dar á lús, o que me tocou a min faguer por imperativo de concencia fidel a aquel desinio, pra non espoñelas ô risco de que se perderan, vallan o que valeren, pras letras da Terra a Nosa.
HORACIO BERMÚDEZ ABENTE
Para profundar na biobibliografía do poeta muxián pódese consultar no apartado «A vida» da Introdución a López Abente, Gonzalo, Bretemada (1917-1922), Edición de Miro Villar, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, col. Rescate, 2011, páxs. 15-37; e no apartado «Biografía» da Introdución a López Abente, Gonzalo, A narrativa mariña, Edición de Suso Sambade Soneira, Vigo, Edicións Xerais, col. Biblioteca das Letras Galegas, 2012, páxs. 9-22.
A respecto dos seus proxenitores sabemos que seu pai, Francisco López García, capitán da mariña mercante ao que se lle concedeu ao retirarse o grao honorario de tenente de navío, foi durante varios anos alcalde de Muxía e durante dúas décadas o xefe do Partido Liberal na localidade. E súa nai, Xulia Abente Lago, era filla do prestixioso médico Leandro Abente Chans, irmán da nai do poeta Eduardo Pondal, polo que os dous autores tiñan parentesco.
- Miro Villar, ceense Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
Artigos de Miro Villar en QPC
- El Eco de Mugía (1902-1904). No 115 aniversario dunha cabeceira da prensa costeira
- “A relixión do mar”, de Xosé Iglesias Lamela.
- Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.
- “O pino de Corcubión”, un poema de López Abente.
- Nos 80 anos (1936-2016) dun decembro negro na Costa da Morte.
- O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Emigración e antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón (23/10/1898 – 1977).
- No trinta aniversario do colectivo de poesía «Un Medio» de Cee.
- «A Virxe d’a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917.
- Coplas populares na nosa lingua no Programa de Festas de Cee, agosto de 1952.
- Adagio por outono.
- A xeira do Seminario de Estudos Galegos en 1936 a Fisterra.
- «Saúde e Terra, irmá(n)s!». Exposición conmemorativa do Centenario das Irmandades da Fala (1916 – 2016).
- A vinte anos I Encontro de Escritores e Escritoras da Costa da Morte, primeira actividade do Batallón Literario.
- O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- No natalicio do escritor emigrante muxián Victorino Abente Lago.
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (III).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (II).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I).
- Ceés / Ceesa e outras propostas filolóxicas polémicas en Xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega.
- Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López.
Novas relacionadas
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Miro Villar, un contacontos de primeira.
- Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG.
- Miro Villar explica por que rexeita o Faro Nerio.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).