Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Música, flores, escultura, pintura e moita poesía polos 50 anos sen López Abente

Música, flores, escultura, pintura e moita poesía polos 50 anos sen López Abente
Membros da Fundacion facendo a ofrenda floral no Camposanto muxian

Fermosos, moi fermosos e emotivos os actos que a Fundación López Abente vén de realizar para conmemorar o 50 aniversario do pasamento do poeta muxián. Uns actos que xa comezaban a pasada semana e que este pasado sábado 20 de xullo tiveron a súa segunda parte. E cun pouco de todo, con música, feita a ocasión, ofrenda floral no mesmo camposanto, pintura e escultura de artistas locais, e moita poesía, por suposto.

A primeira nova reseñable é a toma de posesións como novos patróns, de Xosé María Lema en representación da Real Academia Galega, ademais de José Enrique Benlloch e Xosé Luís Méndez Ferrín, ambos titulo persoal.

Trala ofrenda floral, na que Manolo Vilar puxo en ambientación histórica, xa no Salón de Actos do Voluntariado continuaron os actos, que se iniciaron coa actuación das Pandeireteiras de Muxía, e a continuación presentouse o volume da “Poesía Completa de Gonzalo López Abente”, na que interviñeron Felix Porto, X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior, editora da obra conxuntamente coa Fundación, e Miro Villar, editor literario da Poesía Completa.

Presentando a Obra Completa de Lopez Abente Daniel Salgado recibindo o I Premio de Poesia Lopez Abente

Despois desta presentación tocou a quenda da entrega do Iº premio de Poesía Gonzalo López Abente, que foi entregado a Daniel Salgado polo seu libro “Dos tempos sombrizos (Diario)”.

E que boa a doazón que os pintores, Xervasio Sar, e Nolo Suárez, á Fundación, como agasallo a xeito de homenaxe persoal á figura de López Abente.

E o broche final foi a estrea dunha peza musical baseada no poema de Abente “A pedra da Barca” musicado por Charo Vázquez Freire, directora da Coral Virxe da Barca, que interpretou a peza musical.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios