Daniel Salgado leva o compromiso aos versos gañadores do I Premio de Poesía López Abente
Esta mañá a Fundación López Abente emitía o fallo do I Premio de Poesía López Abente. Onte reuníase o xurado, composto polos poetas Marilar Aleixandre, Miro Villar e X. H. Rivadulla Corcón, e por Viki Rivadulla, para debater esta primeira edición que se convoca en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Secretaria Xeral de Cultura.
Por unanimidade, e tralas numerosas obras presentadas, a pesar da dificultade de ter que presentar non menos de 400 versos, o xurado escolleu como gañador ao orixinal titulado "Dos tempos sombrizos (diario)", que resultou ser da autoría de Daniel Salgado.
Importante ver ademais que a través da poesía pódese erguer a loita, a loita social, o "compromiso anticapitalista" como define o xurado, "a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social".
Entrega nos Actos polos 50 anos da morte de López Abente
O premio será entregado o día 20 de xullo dentro dun programa de actos destinados a conmemorar os 50 anos da morte de Gonzalo López Abente. Nesta xornada, entre outras actividades, destaca unha conferencia sobre a obra de López Abente que impartirá Xosé Luís Méndez Ferrín, e a presentación da edición da Obra Poética Completa de Gonzalo López Abente, preparada por Miro Villar e editada po Espiral Maior.
Novas relacionadas
- Muxía e QPC bótanse a durmir cos contos normalizadores.
- En marcha o I Premio de Poesía Gonzalo López Abente.
- López Abente xa ten a súa partitura.
- A Fundación López Abente xa prepara o Cincuentenario do falecemento do autor e a homenaxe a Rosalía.
- A Fundación López Abente segue dando pasos na recuperación da obra do poeta muxián.
- Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa.
- En marcha a obra completa de López Abente.
- Fin de semana Abentina, peregrina e literaria en Muxía.
- Muxía recupera a prosa salgada de López Abente.
- A Fundación López Abente presenta a súa web.