Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Muxía rondou o 100% de ocupación este agosto

Muxía rondou o 100% de ocupación este agosto
Solpor no Faro Tourinan-Foto-Roberto Yague O último raio de sol, que sae polo Touriñán ata o 26 de setembro, un dos grandes reclamos de Muxía-Foto-Roberto Yague Pois parece que si, que ao bo tempo respondeu ben o turismo. Así o explican os membros da Asociación Muxía Turismo Rural (Casa de Lema, Casa de Trillo, Casa Fontequeiroso, Hotel-Restaurante Playa de Lago e Bar A Coxa), que rexistraron unha ocupación en agosto do 97%, unha cifra superior á do pasado ano. Entre os clientes nacionais, os maioritarios foron os procedentes de Cataluña, Valencia, Andalucía, Madrid, Aragón, Castilla y León, entre outras comunidades. En canto aos visitantes de fóra do país, notouse un importante incremento de italianos, ademais de alemáns, franceses ou ingleses, se ben chegaron cidadáns de puntos moi distantes, como Australia, Israel, México ou Arxentina. Ademais dos que veñen por libre, moitos dos visitantes chegaron facendo o Camiño de Fisterra-Muxía ou a ruta O Camiño dos Faros. Outros optaron por Muxía para desfrutar da práctica do surf na praia de Nemiña, un areal cada vez máis desexado. Entre os aspectos que máis valoran da zona os clientes están a natureza, as paisaxes, as praias salvaxes, a tranquilidade, a gastronomía e a calidade dos establecementos. O último raio de sol de Europa, ese solpor máis tardío, que se segue dando ata o 26 de setembro en Touriñán, é outro dos grandes reclamos do turismo muxián.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios