Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muxía Turismo Rural presenta na Deputación un plan de dinamización baseado en catro eixes

Muxía Turismo Rural presenta na Deputación un plan de dinamización baseado en catro eixes
Reunion da Asociacion Muxia Turismo Rural con Xose Regueira na Deputación A entidade Muxía Turismo Rural vén de presentar á Deputación unha proposta que se basea en catro eixes fundamentais: o desenvolvemento do turismo histórico e monumental, o turismo arqueolóxico, o de carácter ornitolóxico, así como o desenvolvemento do turismo cultural e festivo. Entre as accións atópanse a implementación de páxina web corporativa, de cara a consolidar a marca Muxía Turismo Rural; participación en feiras, fam-trips e work-shops, presentacións, entre outras. Serán editados igualmente catro folletos divulgativos: Destino de turismo histórico e monumental, turismo arqueolóxico, turismo ornitolóxico, e destino cultural e festivo. En canto á participación en feiras, a patronal muxiana prevé asistir a Fitur, SITC (Barcelona), Expovacaciones (Bilbao), Turexpo (Silleda), Mundo Abreu, BTL (Lisboa), Naturiva (Madrid), FIO (Monfrague), e, nun futuro, á WTM de Londres e a ITB de Berlín. Contémplase igualmente a publicidade en medios de comunicación e revistas especializadas.

Senda das Estrelas

Por outra banda, Muxía Turismo Rural participou tamén nunha reunión nas instalacións do complexo Naturmaz, en Mazaricos, na que se acordou que a "Senda das Estrelas" se prolongue ata Muxía. Trátase dunha ruta circular que parte de Santiago, chegará ata Porto do Son e pasará, entre moitas outras localidades, por Fisterra e Muxía. Fonte Redacción de QPC ([email protected])

Comentarios