Martes. 16.04.2024
El tiempo

Muxía e Vimianzo unen forzas para mellorar a estrada entre Lago e Cereixo

Estrada entre Lago e Cereixo
Desvío en Cereixo cara a estrada de Merexo e Lago
Muxía e Vimianzo unen forzas para mellorar a estrada entre Lago e Cereixo

É a estrada que une Muxía e Camariñas pola Costa, pasando por lugares tan especiais como a Praia do Lago, a de Leis, Merexo… que desemboca en Cereixo. Unha estrada que necesita melloras, e por iso os Concellos de Muxía e Vimianzo unen forzas para solicitala en sintonía.

Enarcagaron xa un proxecto coordinando os equipos técnicos que se encargarán da redacción.

Reunión na Deputación

Tocoulle hoxe ao equipo de goberno de Muxía pasar polo despacho do presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Os  muxiáns trasladáronlle a importancia da intervención na estrada de Lago a Cereixo, un proxecto que sería “moi beneficioso tanto para a seguridade viaria da veciñanza como para a mellora das conexións interparroquiais”, sinalaron.
A idea do grupo de goberno respecto aos prazos que se manexan para que esta intervención se leve a cabo “é poder facelo no presente ano, tendo en conta os cauces administrativos pertinentes”, e o alcalde quixo agradecer “en nome de todo o meu grupo de goberno a atención por parte da Deputación Provincial, en especial ao seu presidente, Valentín González Formoso.”

Comentarios