Mércores. 27.10.2021
El tiempo

A Muxiana e a Fisterrana, a cervexa artesá de Pía Lago e Suso Calvo

Cervexa A Muxiana feita por Pia Lago e Suso Calvo
A Muxiana, a cervexa artesá feita por Pía Lago e Suso Calvo
A Muxiana e a Fisterrana, a cervexa artesá de Pía Lago e Suso Calvo

4 anos levan Pía Lago e Suso Calvo realizando esta singular cervexa artesá. Lanzáronse despois de moito tempo facendo a cervexa na casa e vendo a resposta das amizades que a probaban decidiron lanzarse.

Puxéronlle nomes peregrinos como “A Muxiana” e “A Fisterrana”, a pesar de ser a mesma receita, se cadra porque como “cerveceiros nómades” que son, fan a cervexa coa súa receita pero alugando unha microfrábrica, que se chama “Augas Santas”, en San Xusto, na zona de Lourenzá. É unha “cervexa santificada”, bromea unha das cociñeiras máis importantes das últimas décadas da comarca, moi vinculada ademais cos movementos culturais.

”O segredo é moito amor, e materia primeira calidade”, explica dende a súa casa nos Muíños (xusto diante da Renault. E seguramente tamén ten parte de culpa do éxito a fermosa imaxe que fixo a artesá muxiá Viki Rivadulla.

A Muxiana tena varios lugares á venda, como no Parador de Lourido, dende onde chegan á casa moita xente que a proba e que quere levar. Tena tamén Lita Blanco no Hostal Atlántico, pero no resto de Muxía apenas hai ninguén que se anime a ofrecer un sabor singular, un produto artesanal.

A Fisterrana si que está en moitos máis establecimentos, como en Etel&Pan, En Fisterra, en Loira, no Mac2, en O Bonito… Ata no Cruceiro de Pereiriña a teñen, e están abertos a que moitas outras casas a soliciten.

A cervexa Fisterrana en Etel-Pan
A Fisterrana en Etel&Pan

Outra maneira de sacalas mini-producións son con eventos que fan da man do artesán italiano Dario, un ferreiro e carpinteiro afincado nas Agreiras, que monta o seu chiringuito coa súa artesanía na casa en venta que teñen ao carón da súa vivenda. Os que pasan por alí fican abraiados coa súa maña e aproveitan para probar a cervexa aderezada por un pincho feito pola gastrónoma.

Pia Lago facendo a sua cervexa

comentarios