Venres. 19.04.2024
El tiempo

A CMAT xa ten informe para posicionarse como ‘Destino Starlight’

Foto do ceo da Costa da Morte-Foto-Drew Corme
Foto do ceo da Costa da Morte-Foto-Drew Corme
A CMAT xa ten informe para posicionarse como ‘Destino Starlight’

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) xa ten listo un “exhaustivo informe” que argumenta e defende a candidatura do xeodestino da Costa a Morte para obter a certificación Destino Starlihgt. A presidenta a CMAT, Mónica Rodríguez, fará entrega simbólica da application pack, onde se inclúe o citado informe, á directora xerente da Fundación Starlight, Antonia Varela Pérez, os próximos días 14 e 15 de xullo nas xornadas sobre ‘Protección do ceo nocturno’ que se celebrarán no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate, no concello de Cabana de Bergantiños.

As xornadas de Dombate, ‘Protección do ceo nocturno, Fundacion Starlight e contaminación lumínica’ "servirán para concienciar sobre a importancia da conservación do ceo nocturno”, destaca a presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, quen apunta que a cita “tamén reunirá en Cabana de Bergantiños aos destinos Starlight de Galicia: Trevinca (Concello da Veiga), Concello de Muras e Parque Nacional das Illas Atlánticas”.

Surf, turismo xeolóxico e megalitismo

A CMAT ten previsto, por outra banda, crear contidos promocionais vinculados coas mellores praias do xeodestino para a práctica do surf, partindo do traballo xa realizado pola Deputación da Coruña e relacionado coa candidatura da Costa da Morte para ser Reserva Mundial de Surf. Esta iniciativa pretende identificar e promocionar os areais máis salvaxes do territorio que axuden a posicionar o producto turístico ‘Naturalmente Salvaxe’.

Ademais, na segunda metade de 2022 poranse en marcha outras dúas campañas, concretamente sobre o Turismo Xeolóxico e o Megalitismo.

Orzamentos

Por outra banda, a Costa da Morte Asociación Turística está á espera da resolución dos Plans de Sustentabilidade Turística. A CMAT, que presentou o pasado mes de maio o seu proxecto neste eido e que conta con presuposto de 2,5 millóns de euros para os anos 2023, 2024 e 2025, confía en coñecer a resolución a finais do presente verán.

Comentarios