Martes. 19.03.2024
El tiempo

A CMAT en FITUR: “Confiamos en que 2022 sexa un ano espléndido para o turismo da Costa da Morte”

CMAT en Fitur-Monica Rodroguez
A presidenta do CMAT, Mónica Rodríguez, foi a encargada de poñer a visión comarcal na feira de Turismo
A CMAT en FITUR: “Confiamos en que 2022 sexa un ano espléndido para o turismo da Costa da Morte”

Tras unha primeira xornada na que os protagonistas no stand de Tourespaña foron os Concellos de Cee, Camariñas, Vimianzo, Santa Comba e Mazaricos, este venres tocáballe á CMAT poñer a visión integral da Costa da Morte.

CMAT EN FITUR-Publico
CMAT en Fitur 2022-RepresentantesO ente publico-privado que xestiona o noso Xeodestino, e que vén de presentar o seu programa formativo para o sector presentou en Madrid as marabillas da nosa comarca a operadores nacionais e internacionais. En presencia de representantes políticos de Camariñas, Malpica, Laxe, Cee, Vimianzo, Dumbría, Fisterra, Cee, Muxía ou Carballo, e arroupada por TurGalicia, o Cluster de Turismo e a Deputación, foi Gonzalo Trenor, delegado do goberno na provincia, o que abriu, no stand de Turismo de Galicia, a ponencia “Costa da Morte naturalmente salvaxe, Cee Ano Xubilar, Camiño Solpor: O Camiño de Santiago de Fisterra a Muxía”.

Toucolle á presidenta do CMAT e alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodríguez destacar “o valor como conxunto territorial que temos todos e cada un dos 17 municipios que integramos a Costa da Morte, e desde aquí queremos convidarvos a que nos visitedes e contempledes en primeira persoa todo o que temos que dicir”.
“O noso sector turístico, que tanto sufriu coa Covid19, é un exemplo de resiliencia; nunca perdeu o sorriso e nunca deixou de esperar aos viaxeiros que dedicen adentrarse no Fin do Mundo”, dixo Rodríguez. “Confiamos en que 2022 sexa un ano espléndido para o turismo da Costa da Morte”, sentenciou, antes de dar paso ao vídeo, elaborado para a ocasión, “Costa da Morte, Naturalmente Salvaje”.

Rodríguez tamén lembrou os valores “representativos e diferenciadores” da comarca, poñendo “especial atención no valor humano, no carácter amable, reconfortable e hospitalario dos verdadeiros anfitrións do noso territorio: o sector”.

Tamén interviu Margarita Lamela, alcaldesa de Cee, e Désiré Kouakou Tanoh, sacerdote da parroquia de Santa María da Xunqueira de Cee, que presentou o vídeo realizado para o Ano Xubilar.

 

CMAT_FITUR2022_1 copia

O presidente da asociación Solpor, Jesús Picallo, detallou as accións previstas durante 2022 pola entidade que preside. Tamén presentou o vídeo Solpor, Camino de Santiago a Fisterra y Muxía e animou a todos os peregrinos que fagan algúnn dos Camiños de Santiago ata Compostela a continuar e chegar á Costa da Morte. “Traballan moi duro para que a experiencia dos peregrinos que deciden realizar o Camiño de Santiago Fisterra e Muxía sexa fantástica e memorable”, dixo Mónica Rodríguez referíndose a Jesús Picallo e á asociación Solpor.

Contactos

A presentación oficial complementouse cos encontros que mantiveron os representantes e membros da directiva da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) cos representantes das empresas sectoriais para promover e comercializar o xeodestino.

Novas deste ano na FITUR

Comentarios