Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O novo Obradoiro de Camariñas, Muxía e Vimianzo comezará en decembro e terá especialidades de turismo e montes

Monica Rodriguez Iago Toba e Sandra Insua
Mónica Rodriguez, Iago Toba e Sandra Insua
O novo Obradoiro de Camariñas, Muxía e Vimianzo comezará en decembro e terá especialidades de turismo e montes

Colle forma o segundo obradoiro de emprego conseguido entre os Concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas. Mentres 16 moz@s dos tres concellos continúan a súa formación-traballo nas modalidades de ‘Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web’ e ‘Instalación de elementos de carpintería’, Iago Toba, Sandra Insua e Mónica Rodríguez veñen de reunirse para artellar como será a nova proposta. Un obradoiro que terá Muxía como sede, que comezará en decembro e terá 9 meses de duración.

Xuntos coas Axentes de Desenvolvemento Local dos 3 concellos, formularon as especialidades: ‘Promoción turística local e información ao visitante’ e ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’.

Os rexedores valoran moi positivamente estes programas de emprego dual da Xunta, que neste caso inviste 346.846,05€ para “mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade.

Novas relacionadas

Comentarios