O arroz mariñeiro do Coral leva o premio do Concurso da Tapa Muxiá


O "Risotto di mare" do Restaurante O Coral foi o gañador deste V Concurso da Tapa Muxiá. Un Concurso que servía para dar a benvida ao novo ano, e que facía que ducias de visitantes se achegasen á vila da Barca, non só a disfrutar da forza do temporal, senón tamén a disfrutar da boa gastronomía.
Ata 12 tapas se presentaban ao Concurso, e tralo reconto realizado este luns das furnas con todos os votos en presencia de dous representantes da hostalería de Muxía, o Alcalde Félix Porto, a Concelleira Irma García e dous funcionarias do Concello, comprobaron que os clientes votaron polo arroz mariñeiro do Coral. Un Coral que xa vencera no 2011 co seu ioagurín.
Empates no podio
Para o segundo lugar houbo un empate entre os establecementos "A de Loló", coa tapa "A faldriqueira" e "A Sirena", coa tapa " Hamburguesa atrevida". E para o terceiro posto houbo tamén un empate entre os establecementos "O Xardín" coa tapa "A perla negra" e o "Rincón da Baiuca", coa tapa "Tosta mariñeira".
Xa temos premiado
Ademais, tamén tivo lugar o sorteo, que ten coma premio unha cea para dúas persoas no estalecimento gañador, desta volta no Coral. O agraciado foi Manuel Calvo Romero.
Novas relacionadas
- 2013: Todas as tapas do Concurso de Muxía.
- 2012: Luisa Fernández Diz foi a gañadora da cesta da Ruta dos Pinchos de Muxía.
- 2012: A Lareira gaña o IV Concurso da Tapa Muxiá co seu crocante.
- 2011: O iogurín do Coral gaña o Concurso de Tapa Muxía.
- 2011: As 11 tapas que corren polas barras dos bares de Muxía.
- 2009: Xa corren as tapas por Muxía.