Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Bela Muxía incorpórase á rede de albergues galegos

O Bela Muxía incorpórase á rede de albergues galegos
albergue-bela-muxia aA directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, visitou onte as instalacións do Bela Muxía Despois de recibir o premio da Rede Española de Albergues Juveniles (REAJ) á mellor instalación e iniciativa neste ámbito, o albergue Bela Muxía incorpórase á rede de albergues galegos sumándose a así a unha oferta que se compón de dez equipamentos: catro na provincia da Coruña; un na de Lugo; catro en Ourense e un na de Pontevedra. Precisamente onte, visitou as instalacións do albergue de Muxía a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia - Cecilia Vázquez -. As instalacións de Bela Muxía destacan polo seu deseño e funcionalidade, participando na Bienal de Venecia de arquitectura 2016. Ademais, a súa paxina web foi premiada pola Cámara de Comercio de España como programa de éxito. O albergue dispón de 64 prazas e servizos de comedor, duchas, lavandería, garaxe para bicicletas, wifi, internet, terraza e miradoiro, entre outras comodidades. Esta iniciativa estivo presente en Fortumarl, foro de turismo e marketing de Ferrol onde se puxo como exemplo de éxito. Ademais, contén unha exposición temática de lendas, poemas e textos relacionados co mar e coa cultura da Costa da Morte, creados por autores universais como Rosalía de Castro, García Lorca ou José Saramago, entre outros, e acolle o desenvolvemento de actividades culturais: presentacións de libros, concertos, recitais de poesía ou exposicións de arte, entre outras iniciativas. A responsable das políticas xuvenís do Goberno autonómico lembrou que a través desta rede o seu departamento autonómico desenvolve distintos programas de intercambios xuvenís, grazas aos cales a os mozos e mozas benefíciase dunha oportunidade única de experimentar, vivir e colaborar noutros albergues de dentro e fóra de España co obxectivo de mellorar os seus coñecementos. Fonte

Comentarios