O Camiño Santiago a Muxía por Brandomil estírase


A iniciativa levada a cabo pola Asociación Gradimirum de Brandomil, de forma conxunta con veciños de A Pereira, San Cosme de Antes, Baiñas e Berdoias, cuxo fin é o recoñecemento do Camiño de Santiago a Muxía que pasaba por estas aldeas, celebrou esta pasada fin de semana a súa 3ª etapa. Inicialmente esta etapa ía ser a derradeira, pero o camiño prolongouse unha etapa máis, xa que debido o camiño recoñecido dende Quintáns a Muxía, o tramo Brandomil-Muxía ten unha lonxitude de case 44km.
Ó longo deste etapa, con saída de Brandomil, pasouse polo recén limpado Pozo de Limideiro, Brandoñas, Baiñas para acabar en Berdoias. Para este tramo tivo unha relevancia fundamental a limpeza dos camiños funcionais levada a cabo por cada un dos concellos implicados, gracias a cal se recuperaron pasos sepultados por anos pola maleza destas zonas.
Finalmente a cuarta e última etapa terá lugar o sábado 17 de setembro, saindo de Berdoias e chegando finalmente a Muxía.
Unha vez finalizado o camiño as Asociacións implicadas, lideradas por Grandimirum, definirán a ruta óptima para facer a marcaxe definitiva para futuros peregrinos, e empezar a facer os trámites pertinentes para conseguir o recoñecemento administrativo deste camiño. Cando a ruta estea definida tamén se dará a coñecer nos medios de interese de peregrinación.
O Concello de Zas colabora coa asociación Grandimirum neste proxecto de recuperación histórica.
Novas relacionadas
- A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina: <
- Proxectada a ampliación da Ponte Olveira para mellorar a seguridade dos peregrinos.
- A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño.
Fonte
- Asociación Grandimirum.