O Concello de Muxía dinamiza o galego no comercio

08:15 27/11/13

O Concello de Muxía, dentro da súa campaña de dinamización lingüística “Muxía, vivindo en galego II”, editou un número de bolsas para comercio, co fin de promocionar o emprego da nosa lingua no comercio.
Deste xeito, aqueles comercios que queiran facer uso destas bolsas, poden solicitalas, gratuitamente, no Concello ata o día 13 de decembro. Unha vez rematado o prazo de solicitude, as bolsas repartiranse entre os establecementos solicitantes.
Un gran xeito de facer que as cousas de cartos tamén leven o selo da nosa lingua.
Novas relacionadas
- Miñadriña! O que aprenden os peques de Muxía.
- Os cemiterios carballeses recuperan o galego para sempre.
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.