Venres. 11.10.2024
El tiempo

O deporte invade Muxía este verán

O deporte invade Muxía este verán
Travesia-a-Nado-Camarinas-Muxia Dende onte, xa está aberto o prazo de inscripción para as actividades deportivas postas en marcha polo concello de Muxía para este verán. Dentro da oferta deportiva para os máis máis pequenos, haberá cursos de diferentes disciplinas como a natación en augas abertas, os deportes de aventura, surf, vela e kayak, o II campus de fúbol sala, a VI liga de fútbol sala de verán e, por primeira vez, o concello muxián oferta un campus de atletismo que terá lugar os días 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo e está dirixido a nenos e nenas de 6 a 13 anos. Ao longo do verán tamén haberá outros eventos deportivos para adultos como a I travesía a nado Camariñas-Muxía para o vindeiro sábado, 2 de xullo. Uns días máis tarde, o 10 de xullo, terá lugar a III carreira pedestre polo concello de muxía. Xa o 25 de setembro será a 10ª carreira pedestre concello de Muxía, Costa da Morte e El Correo Gallego. Tampouco falta dentro da oferta cultural e deportiva do concello de Muxía, a excursión ao Aquapark de Cerceda. O éxito desta convocatoria obriga a que a viaxe se realice dous días, o 20 (para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos) e o 27 de xullo (para rapaces e rapazas de 13 a 18 anos).   Novas relacionas Actividades de verán doutros concellos Fonte

Comentarios