Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O IES Ramón Caamaño de Muxía viaxa a Francia

O IES Ramón Caamaño de Muxía viaxa a Francia
ies-ramon-caamano Alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do IES Ramón Caamaño de Muxía visitaron recentemente os lugares de referencia de Francia 24 estudantes de 3º e 4º da ESO do IES Ramón Caamaño de Muxía visitaron - antes das vacacións de Semana Santa - varias localidades de Francia. A viaxe, organizada polos departamentos de actividades extraescolares e de francés, tiña como obxectivo coñecer doutro xeito as matemáticas, óptica, física, arte, historia,... Durante a súa viaxe, os alumnos a alumnas visitaron París, Marne-la-Vallé, Versailles. Tamén visitaron a zona de Montmartre co Sacre Coeur e os Moulins Rouge e de la Galette. Pasearon por Pigalle, igrexa da Trinidade, ópera Garnier e a praza Vendôme. Tamén foron ao museo do Louvre e ao de pintura do S.XIX de Orsay. Noutra xornada Notre Dame, distintos quais e pontes do Sena, l'Hôtel de Ville, o Forum des Les Halles, as Galerias Lafayette, as inmediacións de Georges Pompidou e viron anoitecer a cidade da luz desde a torre Eiffel. Durante a viaxe tamén houbo tempo para o lecer coa visitas aos dous parques de atraccións que Walt Disney intalou preto da capital en Marne-la-Vallée. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios