Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A esquecida Capela de San Miguel de Coucieiro

O Modesto Patrimonio: A esquecida Capela de San Miguel de Coucieiro
Capela abandonada de San Miguel de Coucieiro-Muxia-Foto-Modesto Capela abandonada de San Miguel de Coucieiro-Foto-Modesto Adro de Coucieiro-Muxia-Foto-Modesto Adro de Coucieiro-Foto-Modesto Falar desta capela na actualidade pode causar sorpresa ós veciños da nosa comarca. Estaba situada no alto dun outeiro, con forma de castro, no monte coñecido como de San Miguel, a uns 400 m. ó saínte da igrexa de Coucieiro. Era de mampostería co fronte de cantería, duns 15 m. de largo por 7 m. de ancho, orientada co altar ó saínte e a porta de entrada ó poñente e todo o seu entorno estaba rodeado por un muro de pedra co portal de entrada cara ó sur. Segundo o catastro ten unha superficie de 658 m2 e identifícase no polig. 42 da parcela 113. Tiña un carreiro de subida en pendente duns 200m. que saía da estrada de Trasufe, próximo á igrexa. Co paso do tempo foi perdendo devotos e a partir da década de 1960 quedou esquecida. Na actualidade só se conservan os muros, en mal estado. Contan os libros que este santo era considerado como o patrón e protector da Igrexa Universal. A súa festa celébrase o 29 de Setembro. O cura da parroquia, D. Manuel Canosa Mouzo, gran historiador da comarca, e coñecedor da orixe desta capela, tivo a ocorrencia de desmontar o altar e traelo para o campo e colocalo no lateral sur da igrexa parroquial. Algún desalmado, aproveitou a ocasión para arrancar algunhas canterías da fachada principal para usos privados. Tampouco sabemos a onde foi a parar o santo de pedra situado na furna sobre o dintel da porta de entrada. Unha mágoa que o noso patrimonio esté desaparecendo.

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios