Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Porto Deportivo de Muxía recibiu 144 barcos nos seus 3 primeiros meses

O Porto Deportivo de Muxía recibiu 144 barcos nos seus 3 primeiros meses
Este foi o primeiro transito inscrito no veran no porto deportivo de Muxia-Foto-Cataventos

O porto deportivo de Muxía rexistrou un total de 144 tránsitos, é dicir, barcos transeúntes que recalan temporalmente nunha instalación, durante os seus primeiros tres meses de funcionamento. Unha cifra que, unida ao número de embarcacións que atracaron en Camariñas, sitúa á zona cun potencial enorme en materia de náutica deportiva.

Moi positiva pois foi a chegada de turistas náuticos na súa maioría procedentes de diferentes países de Europa, como Reino Unido, Francia e Alemaña, pero tamén de Estados Unidos.

Foi a empresa Cataventos, Escola de Vela, a adxudicataria por estes 3 meses de verán, o que supuxo unha proba para ver que tal funcionaba o porto deportivo. E trala boa experiencia, parece que volverá ser a empresa corcubionesa a única que se oferte para un contrato de 10 anos que xa está en marcha, e que se pode licitar antes de final de ano.

Entre as súas funcións, Cataventos prestou tamén os servizos básicos de luz e auga aos usuarios e mantivo á súa disposición a dous mariñeiros, un a xornada completa e outro a media xornada. Así mesmo instalou unha caseta para oficinas, vestiario, duchas e aseos e un equipo de recollida de augas sucias provintes de embarcacións para a súa retirada do porto e tratamento nun xestor autorizado.
En canto a actividades, durante o mes de agosto realizouse un curso de vela e estase negociando tamén a realización de regatas de cara ao próximo ano, e en concreto dunha regata de cruceiros en colaboración co RCN da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios