Sábado. 20.04.2024
El tiempo

5.000 euros para rescatar o chan do parque infantil do CEIP Os Muíños

PP Muxia REUNIÓN INDALECIO CABANA
Sofía López e Sandra Vilela con Indalecio Cabana
5.000 euros para rescatar o chan do parque infantil do CEIP Os Muíños

Achegábamonos a finais do curso pasado ao CEIP Os Muíños para coñecer as súas marabillas, pero tamén as necesidades. Unha marea de cousas as que necesita o centro muxián, a pesar da falta de apoio da institución municipal.

O centro vén de conseguir unha pequena achega: 5.000 euros comprometidos pola Xunta para reparar o chan do parque infantil do centro. Non é que sexa moito, pero visto o visto, todo parece sumar.

Así o confirmaba Indalecio Cabana, xefe territorial de Educación, nunha reunion mantida na Coruña coas responsables locais do PP Sandra Vilela e Sofía López. Unhas voceiras que aproveitan para criticar a parálise municipal. “Unha vez máis, as promesas do rexedor queda en papel mollado. Hai meses que os nenos do colexio de Os Muíños teñen problemas con esta zona de xogos e, mentres a Xunta toma cartas no asunto, o Goberno Local continúa dando as costas aos veciños de Muxía”, dixo López.

Novas relacionadas

Comentarios