O promotor do albergue de Moraime incorpórase á Asociación Muxía Turismo Rural


Vai collendo forma a rehabilitación da antiga rectoral de Moirame. Máis de 10 anos despois de comezar o proxecto, a Costa da Morte poderá recuperar un conxunto histórico fundamental. Non será un hotel de 5 estrellas, como anunciaban en 2006, e si un albergue para peregrinos e visitantes de prezo medio. O “Hostel Monasterio de Moraime” abrirá as sáus portas nos vindeiros meses.
Á fronte do proxecto está o recoñecido empresario Francisco Canabal, do Grupo de Empresas Canabal. Un home ben recoñecido en Galicia, pois conta ademais con hoteis en Oleiros, Fuerteventura e Cabo Verde. É así mesmo cónsul de Cabo Verde en Galicia, decano do Grupo Consular na provincia da Coruña, e membro fundador do cluster de Turismo de Galicia.
Será unha boa faciana para incorporar como tesoureiro ao equipo directivo da Asociación Muxía Turismo Rural, compartindo sinerxias cos Jesús Trillo, presidente; Jesús Manuel Lema, vicepresidente; e María do Carmen Leis, secretaria, ademais de varios vocais.
Nova actividade sostible
Xa saben que por Muxía andan co asunto Slow a tope, e para este domingo 26, con motivo do Ano Internacional do Turismo Sostenible, levará a cabo, en colaboración co Concello e con www.oportunidadesparareciclar.gal, no local social da antiga escola de Viseo unha xornada sobre reciclaje. Trátase dunha charla teórica interactiva, con actividades prácticas de separación de residuos, xogo de recicleje e marchandising para os participantes. Dará comezo ás 17:00h da tarde.
Novas relacionadas- Selvita deixa orfo o Mosteiro de Moraime
- Saen a luz os “papeis segredos” gardados no mosteiro de Moraime.
- A orixe dos Benlloch no Finisterrae galego no século XX
- Unha viaxe pola historia dos Señoríos de Nemancos con Kike Benlloch.
- Un berro cultural para restaurar os conxuntos de Moraime e San Mariño de Ozón.
Outros artigos de interese
- Viki Rivadulla: Moirame, o tesouro escondido da Costa da Morte.
- Manuel Vilar: Moraime: nas orixes dunha terra milenaria.
- Lema Suárez: A placa de Zennor (Cornualles), ou a tristeza pola morte dunha lingua. ¿Levamos en Galicia o mesmo camiño?.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)