Venres. 19.04.2024
El tiempo

O SLG interrumpiu o intento de tala do piñeiral da praia do Lago

O SLG interrumpiu o intento de tala do piñeiral da praia do Lago
pineiral da praia do Lago-Merexo-Muxia O fermoso piñeiral da Praia do Lago

É, sen dúbida, un dos piñeirais máis simbólicos da Costa da Morte, que permite deixar unha paraxe natural marabillosa na contorna da praia do Lago, en Merexo, Muxía. Pero parece que pode ser pasto do caso do proceso de aplicación da Lei de rozas, e iso que o incumprimento xeneralizado e o caos que se están a xerar a devandita aplicación está sendo máximo.

O Sindicato Labrego Galego vén de asegurar que xa houbo un intento de talar o piñeiral (por parte dalgún particular obedecendo as premisas da Xunta) ao estar a menos de 50 metros das casas, e que gracias á intervención dos seus afiliados conseguiron parala. Pero en todo caso queren alertar da posible eliminación dun piñeiral que “non representa ningún perigo de incendio, está incluído no Espazo de Interese Paisaxística Punta e Monte do Lago e, polo tanto, está protexido polo Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POLG) da propia Xunta”.

Dende o SLG non entendemos que se pretenda destruír este piñeiral de alto valor paisaxístico e económico, máis alá do obviamente forestal, pois, segundo di literalmente o POLG: “O aproveitamento turístico deste sistema, cunha accesibilidade relativamente boa dende as zonas máis interiores e dende núcleos como Muxía ou Camariñas, propiciou a aparición de dous cámpings, ambos situados entre a masa forestal, a media ladeira e en primeira liña de costa, un deles con acceso directo á praia”.

Novos sendeiro

Paralelamente, a Deputación vén de aprobar un investimento de case medio millón de euros para a creación dunha sendeiro xacobeo peonil de 1’4 quilómetros, entre os núcleos de Merexo e Os Muiños, e no que tamén se inclúe a mellora e pavimentación da estrada municipal que dá acceso á praia de Lago e Leis. As obras da estrada serán de pavimentación do firme dos 3’7 quilómetros, aplicando seis centímetros de aglomerado en quente e eliminaranse as elevacións e os desperfectos existentes na plataforma. Ademais, a anchura da estrada será ampliada até os 5,5 metros. Do mesmo xeito, a memoria do proxecto tamén inclúe a roza e limpeza das marxes do vial, a instalación 600 metros de cuneta revestida de formigón, 300 metros de canalizacións e 15 sumidoiros para a recollida de pluviais, así como a sinalización horizontal dos pasos de peóns e sinais de circulación.

Comentarios