Os alumnos do CEIP Os Muíños coñecen a realidade do síndrome de Down

08:30 21/01/12

Hoxe luns, día 23 de xaneiro, tres representantes da Asociación Down Coruña desenvolverán unha xornada de sensibilización sobre o Síndrome de Down no C.E.I.P. "Os Muíños".
Trátase de desenvolver actividades con nenos e nenas de 6 a 11 anos (de 1º a 6º de Primaria) que comparten estudos e vida con compañeiros afectados polo síndrome de Down. Dentro desta campaña denominada "Conócenos" tentan "favorecer unha imaxe obxectiva e positiva sobre a realidade das persoas que teñen Síndrome de Down" e "mofificar hábitos, costumes e actitudes cara ás persoas con Síndrome de Down".
As actividades, que comezarán ás 10 da mañá, desenvolveranse con grupos de ata 25 alumnos e terán unha duración de 50 minutos cada unha.
Novas relacionadas
- “Sentimos que nos discriminan cando outras persoas falan e deciden por nós”
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Os escolares tamén queren homenaxear en verso aos Faros da Costa da Morte.
- Alumnos artesáns que coidan o mar.
Fonte
- Nota de prensa da man de Susana Seoane Dovigo, Secretaria do CEIP "Os Muíños".