Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Os cativos do CEIP Vilarmide únense á campaña Galicia en color para chamar a atención dunha famosa

Os cativos do CEIP Vilarmide únense á campaña Galicia en color para chamar a atención dunha famosa

Continúa a campaña Galicia en color‐ Rede de reencontros 10 anos despois dando pasiños. Desta volta, unha das primeiras accións involucran aos cativos do CEIP de Vilarmide, de Muxía, coa intención de chamar a atención dunha persoa famosa vinculada ao voluntariado do Prestige. Unha famosa que coñeceremos máis adiante...

Así, seis rapazas e catro nenos muxiáns nados en 2002, pintaron un mono branco, de distintos cores. E grabaron unha peza para enviarlla a través das redes sociais a unha famosa que pasara polas nosas praias hai 10 anos.

Durante a xornada do venres, os estudantes muxiáns, acompañados da súa titora, María Gallardo, pintaron un mono branco (o mesmo que utilizaban os voluntarios e voluntarias da Marea Branca) con debuxos relacionados coa Costa da Morte, o mar, e as súas cores. O traxe, que leva esa mensaxe de agradecemento personalizado que sairá á luz nas vindeiras semanas.

Impresionada quedou Anabel Piñeiro, da APTCM, coa ilusión e recepción dos cativos, así como a boa disposición e colaboración do director da escola de Vilarmide, Eduardo Noya,. Pero xa non daba crédito ao descubrir que Samuel Caamaño, “sabía a data do afundimento por ser o mesmo día no que el naceu, e de igual xeito lles pasaba ao resto de compañeiros, os que comentaban que o Prestige afundiuse o día do aniversario de Samuel, o 13 de novembro.”

Segundo Piñeiro, numerosas escolas xa confirmaron a súa participación nesta actividade e vindeira semana serán os estudantes do CEIP Eugenio López de Cee os que, coas súas mans, agradecerán en cores o traballo do voluntariado da Marea Branca.

Rede de encontros e agradecementos aos voluntarios

p>“Galicia en Color” é unha campaña promovida pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) que ten como obxectivo principal favorecer o reencontro do voluntariado do Prestige, así como agradecer a súa labor na recuperación das praias, no décimo aniversario do naufraxio.

Segundo o presidente de APTCM, Manuel Pan, “Tratase de transmitir os avances que vai dando a campaña". Pan, explica que una das accións que se contemplan para transmitir a mensaxe de agradecemento “está relacionada coas escolas da bisbarra. Escollemos aos rapaces e rapazas que naceron o ano do afundimento, por ser unha idade simbólica. Os estudantes pintarán con cores os monos brancos que utilizaban os voluntarios, e agradecerán a un famoso que eles elixan, a súa colaboración co desenvolvemento da Costa da Morte, despois do Prestige.”

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da APTCM.

Comentarios