Os hostaleiros de Muxía reciben as primeiras xornadas de formación especializada
18:19 25/02/13
O pasado mes de xaneiro se puña en marcha o Proxecto "Muxía, Camiñando cara o Mar". Un proxecto que implica a Concello e hostaleiros da vila da Barca, e que trata de mellorar a oferta turística da zona.
Así, ademais de varias accións de promoción, o servizo, que desenvolve a empresa carballesa Abertal, imlica a formación dos empresarios. Estes días comezan as visitas individualizadas que se alongarán durante as próximas semanas.
Ademais, xa teñen preparadas as primeiras accións formativas previstas para ser realizadas ás 17:00h. e rematar sobre as 20:00h.:
- O luns 25 de febreiro estarán no Restaurante O Coral, traballando os Servizos de mesa (como colocar e atender unha mesa).
- O martes 26 de febreiro, hai unha xornada informativa na Biblioteca Municipal sobre "Internet para a empresa" (como está a miña empresa en internet).
- O luns 4 de marzo toca sesión sobre "Optimización de Menús" (canto me custa, canto vale). Na biblioteca municipal.
Novas relacionadas
- 07-02-13: O Concello de Muxía achégase aos empresarios para camiñar xuntos cara o mar.
- Xaneiro 2013: Muxía xa camiña cara o mar cunha nova marca turística.
- Marzo 2012, presentación do Proxecto: Muxía xa camiña ao solpor cara o mar dende Touriñán.
- Muxía garda o seu Patrimonio Cultural Inmaterial no Proxecto Buserana.
- Os Hosteleiros de Santiago promoverán o Camiño a Fisterra e Muxía.