Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Concello de Muxía achégase aos empresarios para camiñar xuntos cara o mar

O Concello de Muxía achégase aos empresarios para camiñar xuntos cara o mar
Felix-Porto-na-xuntanza-cos-empresarios-de-Muxia-presentando-o-proxecto-Caminando-cara-o-mar

En pleno proceso de divulgación e de involucración atópase o Concello de Muxía co seu proxecto "Muxía. Camiñando cara o mar". Este pasado martes 6 de febreiro tivo lugar a primeira xuntanza de traballo organizada polo ente promotor, o Concello de Muxía, o alcalde da vila, Félix Porto, que explicou as liñas de traballo e os obxectivos do proxecto a uns 50 empresarios. Porto fixo un especial fincapé no papel que xogan os sectores produtivos para o aproveitamento desta iniciativa de dinamización turística.

O rexedor, que avanzou que xa está traballando nun novo proxecto que complementará ao que acaba de comezar tamén a través dos fondos GAC, presentou aos responsables do equipo de traballo que se ocupará da execución do proxecto, a empresa carballesa Abertal Networks. O seu representante, Manuel Pan, explicou o plan formativo programado para os empresarios, especialmente do sector hostaleiro, pero subliñou que a oferta podería ser modificada para atender as inquedanzas particulares dos participantes.

Unha necesaria cooperación

Nesta primeira sesión de traballo, falouse da importancia de cooperar para a creación dunha marca e dun produto turístico diferenciador, poñendo en valor os recursos do territorio e, especialmente “descubrindo ao mundo tesouros ocultos coma Touriñán, onde di adeus o último raio de sol na Europa continental”.
Manuel Pan tamén explicou que é necesaria a implicación dos profesionais na creación dunha rede de traballo que consolide Muxía como marca e aumente a súa cuota de mercado no sector turístico. Neste sentido, o responsable de Abertal recordou que o proxecto “tamén está aberto á xente que esté pensando en desenvolver un proxecto emprendedor e incluso os desempregados que están a buscar formación para ter máis posibilidades de inserción laboral”.

Mellorando os servizos turísticos

Muxia cara o mar

Pola súa banda, Marta Rodríguez Casas, membro do equipo técnico do proxecto, falou da importancia de elaborar unha proposta de turismo experiencial e de traballar na mellora da calidade do servizo. Segundo explicou, Muxía conta con moitos dos elementos que busca o turista que visita Galicia, entre os que destaca “contar cun treito do Camiño Xacobeo totalmente asentado, un dos santuarios máxicos do país, paisaxe natural, gastronomía, faros e lugares emblemáticos coma Touriñán”, elementos que, según a experta, “cómpre ordenar, coñecer e presentar ao que nos visita”.

Formación para hostaleiros

Pola súa banda, os empresarios aportaron ideas neste primeiro encontro e mostraron o seu interese por traballar cun obxectivo común, o de incrementar o turismo e, con isto, a mellora da economía local. Boa parte deles asinaron o seu compromiso formalizando a inscripción para participar nos cursos que comezarán de inmediato.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios