O Coral recibiu por segunda vez o premio á Mellor Tapa Muxía

15:56 21/01/14

De seguro que está boísimo o o arroz mariñeiro do Restaurante O Coral. I é que para gañar por segunda vez o Concurso da Tapa de Muxía hai que ter algo. Este ano, na súa 5ª edición, o Coral repite premio como fixera no 2011 co seu iogurín. Os padais de todos os que pasaron a probar a ducia de pinchos participantes decidiron, nun exercicio de democracia gastronómica.
Esta mañá tivo lugar a entrega do premio. Álvaro Rodriguez Caamaño, do Restaurante O Coral, recibía o diploma de mans do Alcalde de Muxía, Félix Porto.
Novas relacionadas
- 2013: O arroz mariñeiro do Coral leva o premio do Concurso da Tapa Muxiá.
- 2013: Todas as tapas do Concurso de Muxía.
- 2012: Luisa Fernández Diz foi a gañadora da cesta da Ruta dos Pinchos de Muxía.
- 2012: A Lareira gaña o IV Concurso da Tapa Muxiá co seu crocante.
- 2011: O iogurín do Coral gaña o Concurso de Tapa Muxía.
- 2011: As 11 tapas que corren polas barras dos bares de Muxía.
- 2009: Xa corren as tapas por Muxía.