luns. 21.04.2025
El tiempo

Os viacrucis da Galicia actual chegan a Muxía

Os viacrucis da Galicia actual chegan a Muxía
A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 26 de octubre A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 26 de octubre Mañá venres, ás 20:30 horas, a sala de exposicións do edificio de servizos múltiples do concello de Muxía acolle a inauguración da exposición de pintura "Viacrucis en Galicia. O Camiño da Cruz" do artista Benito Paz Trelles. O espazo e o tempo no que transcurren as 18 estacións nas que Benito Paz Trelles imaxinou o seu Viacrucis é Galicia e a súa actualidade máis recente, vista dun xeito fabulado, heterodoxo e crítico cunha dramática situación social.  O Viacrucis consta de 18 escenas (tradicionalmente chamadas “estacións”) pintadas en 18 óleos e agrupados por dípticos e trípticos temáticos: Getsemaní en A Coruña, Removendo A Coruña con Santiago, “O Camiño da Cruz”, “Corpus Christi”, no “Calvario” do monte Gaiás e Sepultura e Resurrección en Fisterra. Sobre o autor Despois dunha viaxe a Polonia no verán de 2011 e coa impresión que lle causou o Viacrucis que o artista Jerzy Duda Gracz (1941-2004) pintara no santuario mariano de Czestochowa, onde aquel reflectía a realidade máis crúa sufrida polo pobo polaco, en diferentes escenas, Benito Paz Trelles decidiu asumir este formato tradicional cristiano dun xeito tan laico e crítico como fixeran, ó longo da historia da arte, algún dos artistas máis destacables como Marc Chagall, Fernando Botero, Gwyneth Leech ou Attilio Rossi.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Muxía

Comentarios