Martes. 22.10.2019
El tiempo

Poetas, tapas e fotógrafos protagonizan a fin de semana muxiá

Poetas, tapas e fotógrafos protagonizan a fin de semana muxiá

Ademais das tapas, que seguen correndo esta fin de semana polos bares de Muxía, a vila da Barca encherase de arte. I é que son varias as propostas culturais que nos ofrecen.

Primeiramente, en sabendo o gusto pola poesía da vila de López Abente, para o sábado, 17 de decembro, ás 19:45 horas, temos en Muxía o V Recital De Poetas da Costa da Morte, no Salón de Actos do Voluntariado.
Presentado por Rosalía Fernández Rial co acompañamento musical de Mon Búa, poderemos disfrutar cos poemas de Paco Souto, Miguel Mato, Paco de Tano, Serxio Iglesias, X.H. Rivadulla Corcón, David Creus, Suso Bahamonde e María Lado. Aí e nada.

Ademais, antes do recital, ás 18:00h estará o Mago Teto co espectáculo de maxia “ Perto de ti”.

Unha de fotos

Ademais, tamén o sábado, pero ás 12 horas e no Salón de Plenos do Concello de Muxía, terá lugar a entrega de premios do II Maratón Fotográfico Ramón Caamaño, do que xa vimos as fotos vencedoras, que organiza o Concello de Muxía xunto coa Asociación de Turismo Rural Muxía Natural. Nesta ocasión participou como parte do xurado a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña á que o Alcalde, Félix Porto, no nome da organización do concurso, quere agradecer públicamente a súa colaboración.

Na cita, entre outros, destaca a presencia de José Ramón Pose, Chete, familiar de Caamaño que aínda conserva un legado infinito do fotógrafo muxián á espera de que as administracións queiran salvalo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios