Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Galería Mulleres lembra este mes de decembro á imprescibible Concepción Arenal

A Galería Mulleres lembra este mes de decembro á imprescibible Concepción Arenal

Este mes de decembro de 2011, a Galería Mulleres do Concello de Muxía quere homenaxear a figura de Concepción Arenal (Ferrol, 1820 - Vigo, 1893). Escritora, pensadora, penalista, feminista e activista social, é unha figura imprescindible no século XIX. Precursora na loita polos dereitos da muller e dos colectivos desfavorecidos socialmente. É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España.

Foi unha muller moi comprometida e crítica coa inxustiza social do seu tempo (e particularmente crítica coa marxinación da muller, as condicións dos obreiros e o sistema penitenciario); propón iniciativas en pro da educación da muller como medio para acadar a igualdade de dereitos. Desenvolveu una intensa actividad intelectual, social e filantrópica. Como penalista propuxo unha función educativa do sistema penitenciario.

Concepción Arenal escribiu, estudou e revisou a súa obra e as súas ideas ao longo de toda a súa vida( a excepción de períodos de empeoramento da súa saúde). Deixou unha ampla bibliografía , fundamentalmente, ao redor dos seus tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina".

A súa obra tivo repercusión internacional. Malia a orixinalidade do seu pensamento destacan no mesmo influencias do ideario liberal e o krausismo.

Máis información

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar: os seguintes libros: "Da muller da súa casa á muller do porvir".

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios