O PP de Muxía critica a falta de mantemento das praias e áreas fluviais
As praias fluviais son uns dos recunchos máis utilizados polos veciños da contorna. Un dos mellores exemplos son as Caldeiras do Castro, un fetiche para os coñecedores da zona.
Por iso, dende o PP muxián entenden que hai que poñer en valor estes elementos naturais, para “ser líderes no sector turístico”, e por iso levarán pleno unha moción para dotar de servizos ás praias e zonas fluviales do Concello.
”Non só temos moitas carencias senon que tamén existe un problema de mantemento grave?, dixo a popular, facendo referencia ao “estado lamentable do Paseo Fluvial de Río Negro”. Así, solicitan a Reparación do paseo fluvial de Río Negro e dotación deste mesmo de papeleiras coas que actualmente non conta, e ademis solicitan o arranxo das varandas e da zona fluvial das “Caldeiras do Castro”.
Ademais, en clave de praia, consideran necesaria a instalación de papeleiras nas praias; a creación dun punto de atención turística na praia de Nemiña, por ser unha dás máis visitadas; a incorporación a todas as praias de zonas de baños públicos; e o arranxo dous baños públicos da Praia de Espiñeirido que se atopan totalmente abandonados.