Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O PP de Muxía denuncia que a gardería municipal non cumpre a normativa

Iago Toba alcalde muxian
O PP de Muxía denuncia que a gardería municipal non cumpre a normativa

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Muxía, Sandra Vilela, denunciou hoxe que a gardería municipal non cumpre coa normativa e o goberno local terá que modificar o proxecto ante mesmo de abra as súas portas. “Estamos ante unha chapuza dun alcalde que xa fora advertido no seu momento de que a actuación non se adecuaba á lei. Temos unha gardería feita que non pode abrir, que non pode dar servicio á xente que está a esperar por ela por culpa dun executivo que volver a poñer de manifesto a súa pouca seriedade”, subliñou a popular.

Cun orzamento final de máis de 110.000 euros, Vilela puxo sobre a mesa que o rexedor “mentía” cando aseguraba ter un convenio asinado co Consorcio Galego de Benestar. “O que sabemos é que a Xunta ten os deberes feitos, que ten en licitación xa o mobiliario que necesita a gardería, pero que non valerá de nada porque o Concello de Muxía non cumpre co seu parte”, apuntou a candidata.

Comentarios