Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O PP de Muxía levará a pleno os problemas de seguridade vial

Cruce de Muxia
Cruce entre a a Rúa Manuel Lastres e Rúa Real
O PP de Muxía levará a pleno os problemas de seguridade vial
O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de anunciar que levará unha moción plenaria ao próximo pleno ordinario de setembro na que poñen enriba da mesa os problemas de seguridade viaria que existen no Concello de Muxía.

A moción, que xa foi presentada no rexistro do concello, fala concretamente de “dous puntos negros como son o cruce de A Condomiña e o cruce da Rúa Manuel Lastres coa Rúa Real nos que cada dous por tres se producen incidentes, de feito, recentemente houbo incidencias en ámbolos dous cruces”, explica a portavoz municipal que ademáis indica que “xa denunciamos esta situación en distintas ocasións na lexislatura pasada e os accidentes seguen sucedéndose sen que se tome ningunha medida ao respecto e cremos que esta situación é grave e hai que resolvela de xeito inminente antes de que teñamos que lamentar danos persoais graves”.

Na moción os populares solicitan que se realice un estudo por parte dos departamentos pernitentes do Concello de Muxía (Policía Local, Arquitecto Técnico…) para que informen acerca de cales son as medidas máis eficaces que se deben levar a cabo para solucionar a problemática e unha vez se teña coñecemento das mesas, estas se leven a cabo de xeito inminente.

Comentarios