O PP de Muxía pide a paralización da Lei de Costas
En xaneiro acusaba ao alcalde de poñer en perigo a piscifactoría de Lires (Cee). Esta semana, o PP de Muxía carga as súas acusacións contra o goberno central e a súa intención en reformar a Lei de Costas, a través da Lei de Cambio Climático.
Os populares, que presentaron unha moción na que reclaman unha vez máis que paralice esta reforma, lamentan que o executivo central “se empeñe” en sacar adiante un texto que afecta directamente as concesións das empresas deste sector e que, polo tanto, “pon en risco miles de postos de traballo en toda Galicia, centos deles directamente na comarca de Costa da Morte”.
“Pedimos que se deixe sen efecto a proposta de modificación dos prazos concesionais en zona de dominio público marítimo-terrestre formulada a través do artigo 18 do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética”, explicou Vilela, quen incidiu en “reclamar que o Goberno central desista do seu propósito de tramitar unha modificación das condicións da ocupación de dominio público marítimo-terrestre que interprete e restrinxa de forma arbitraria a duración das prórrogas extraordinarias”.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2020: O PP de Muxía acusa ao alcalde de poñer en perigo os postos de traballo das piscifactorías de Lires e de Stolt Sea Farm.
- 2014: Tres Mares acode ao tecido social para salvar a piscifactoría de Lires.
- 2011: A Fiscalía denuncia a desecación do río Castro pola maior piscifactoría de España.
- 2010: Denuncian á piscifactoría de Lires por secar o río Castro .