Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP muxián critica o deleixo do goberno coa Biblioteca

Biblioteca de Muxia
¡
O PP muxián critica o deleixo do goberno coa Biblioteca

”Nin se molestou en pedir a subvención para dotar de libros a biblioteca municipal”, critica a concelleira popular, Sofía López, sobre a falta de acción do alcalde socialista Iago Toba. López considera “insólito” a falta de tramitación da axuda autonómica, unha vez que é un “mero trámite” ao non ser de concorrencia competitiva.

“Este executivo local nunca deixa de sorprendernos. Cando pensamos que xa non se poden facer as cousas peor, sempre hai algunha cuestión que supera a anterior”, dixo López, quen lembrou que non hai ningún motivo que poida xustificar a renuncia a esta axuda.

Por este motivo, desde o Partido Popular consideran unha “falta de respecto” aos veciños de Muxía o “deixamento” que a concelleira de Educación do Concello mostra ao non reclamar esta axuda.

Comentarios